Exhibición de patinaxe das escolas municipais da Pastoriza

O Pavillón Municipal da Pastoriza acolle este venres 14 de xuño unha exhibición de patinaxe que estará a cargo dos alumnos das escolas deportivas municipais desta localidade.

A exhibición terá lugar entre as 16.00 e as 18.00 horas e constará de circuítos, habilidades, xogos e hockey, sen falta a merenda. Ao finalizar haberá entrega de premios.

Etiquetas