Skip to main content
AbadínActualidadeVilalba

O Xacobeo e o rugby únense no Camiño Norte

Por 17 Xuño, 2019Sin comentarios

A Federación Galega de Rugby, dentro do programa Xacobeo 2021 están a realizar unha serie de presentacións deste deporte no Camiño Norte durante o mes de xuño.

O obxectivo é mostrar á comunidade local e pregríns este deporte. O programa terá a súa culminación o día 29 en Ribadeo coa celebración do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby Seven Feminino.

Tras pasar por Arzúa, Sobrado e Baamonde, este martes 18 de xuño estarán en Vilalba, na praza da Constitución e o mércores visitarán Abadín. En ambos os dous casos o horario da actividade será de 10.00 a 13.00 horas, deixando paera o 20 de xuño a visita a Vilanova de Lourenzá.