Empresarios do polígono de Vilalba celebran o venres a súa xuntanza anual

A Asociación de Empresarios Sete-Pontes ten previsto celebrar este venres, 21 de xuño, a  xuntanza anual ou Festa do Polígono Industrial de Vilalba, que chega á súa XVI edición e que dará comezo ás 21.00 horas cunha churrascada.

Nesta cea a ración, que terá un prezo de cinco euros, constará de churrasco, liscos, pan e viño.

A partir das 23.00 horas, o dúo Estrellas amenizará a festa para os maiores mentres que os máis pequenos poderán gozar con colchonetas gratis.

Etiquetas