Meira celebrará o San Xoán a noite do 23 cunha festa

Un ano máis, o Cocello de de Meira celebrará a noite de San Xoán cunha gran festa a partir das 20.00 horas. A esa hora dará comezo unha sardiñada e torresmada na praza Maior da localidade aberta a todoa a poboación.

Ademais, haberá acompañamento musical a cargo dun grupo aínda sen confirmar. No faltará a tradicional fogueira á que invitan a participar a todos os veciños do concello.

Etiquetas