Lagoa, na Pastoriza, celebra as súas festas patronais

A parroquia de Lago, na Pastoriza celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Xoán. Os actos darán comezo o sábado ás 13.30 horas coa misa seguida de procesión e sesión vermú, que estará cargo da orquestra Platinum, a mesma que se ocupará pola noite da sesión verbena.

O domingo o protagonista da festa será a orquestra Eclipse que se encargará da sesión vermú coa que conclúe a festa trala misa e procesión que dará comezo ás 13.45 horas.

Etiquetas