Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Pastoriza remata as obras da estrada do colexio

Por 21 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello da Pastoriza está a rematar as obras de ampliación e reforma do vial que une o colexio da Pastoriza coa estrada principal da vila. Os traballos consistiron na ampliación e reforma deste vial, que transcorre paralelo ao colexio do Salvador e no que se colocou unha beirarrúa para os peóns que conta con baldosas no tramo urbano.

As obras deste tramo, que no seu proxecto inicial non levaban servizos, engadíronse a petición dos veciños da zona por debaixo da beirarrúa. Ademais, solucionouse o problema do vertido de augas sucias do colexio a unha finca particular, a través da canalización das mesmas ata unha arqueta.

Tamén contemplaba o proxecto a canalización eléctrica e iluminación da estrada así como o aglomerado en formigón.

As obras teñen un orzamento de 95.000 euros, que proceden de fondos propios. As obras estanse a rematar estes días.

Así mesmo, a empresa Fenosa está a rematar os traballos de acondicionamento das estradas polas que accederon ao parque eólico do Ribeiro. A empresa, en virtude a un convenio co Concello está a limpar estas vías para que qeuden en breve en perfecto estado de uso e totalmente reparadas. De feito, parte delas están sendo aglomeradas.