Skip to main content
Actualidade

Santa Leocadia estará de festa esta fin de semana

Por 21 Xuño, 2019Sin comentarios

A parroquia de Santa Leocadia, en Castro de Rei, celebra a fin de semana do 22 ao 23 de xuño as súas festas patronais na honra de San Pedro.

A celebración dará comezo o o sábado ás 13.30 horas coa misa e a procesión seguida da sesión vermú coa orquestra La Estación, orquestra revelación 2019. Esta mesma formación será a encargada da verbena xunto ao grupo Fama.

O domingo repítese a programación relixiosa pero a animación musical estará a cargo da orquestra Solara en sesión vermú

Durante a tarde tamén haberá inchables para os nenos a partir das 19.00 horas.