A Aula Cemit de Guitiriz inicia clases de informática de balde para nenos

A Aula Cemit de Guitiriz vai levar a cabo o programa Verán Dixital,  que consiste en clases de informática gratuítas para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos.

As clases serán os martes e xoves de 10:30 a 12:00 horas e darán comezo o 4 de xullo para rematar o 29 de agosto.

Os interesados en inscribirse poden facelo na Aula Cemit antes do 30 de xuño de luns a venres en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Etiquetas