A parroquia da Rigueira celebra as súas patronais a fin de semana

A parroquia da Rigueira, na Pastoriza, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Pedro.

O sábado 29 as festas darán comezo ás 13.30 horas coa procesión e a sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Compostela, a mesma que se ocupará da verbena xunto a M3.

O domingo 30 continuarán coas celebracións relixiosas á mesma hora e a orquestra Estrellamar será a encargada de amenizar a verbena, que porá o punto final á festa.

Etiquetas