Actividades de verán para os máis pequenos do Museo Fortaleza San Paio de Narla de Friol

Este verán de 2019 a proposta da oferta de actividades e obradoiros para os máis pequenos do Museo Fortaleza San Paio de Narla de Friol será moi variado. Contará cun programa continuado de actividades moi diversas, sempre lúdicas, que se irán sucedendo ao longo dos días establecidos para cada quenda e cuxo obxectivo prioritario é achegar os asistentes ás fontes primarias de coñecemento para aprender, facer, coñecer e vivir.

A intención, ademais de adquirir coñecementos, é promover a convivencia nestes espazos con tan importante legado histórico, lugares que convidan a coñecer e crear (imaxinar) desde as ciencias, artes e técnicas artísticas ou arqueolóxicas, sempre desde parámetros de igualdade, interdisciplinariedade e sostibilidade.

As distintas actividades a realizar serán impartidas exclusivamente por profesionais dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.

Estes campamentos son para nenos de 4 a 12 anos e membros do Club Pequeamigos hai 20 prazas para cada quenda en horario de 12:00 a 14:00 horas. As quendas son do 9 ao 13 de xullo e do 20 ao 24 de agosto.

As inscricións realizaranse mediante o formulario específico no Departamento de Didáctica do Museo Fortaleza San Paio de Narla, os días, 25, 26 e 27 de xuño.

O día 1 de xullo comunicarase a listaxe de admitidos.

As actividades para o club sénior serán o 6 de agosto de de 17:00 a 19:00 horas. E as actividades con colectivos o 8 de agosto de 12:00 a 14:00 horas.

Etiquetas