Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras festexa esta fin de semana as súas festas patronais

Por 24 Xuño, 2019Sin comentarios

Muras celebrará esta fin de semana as súas festas patronais que darán comezo o vernes 28 e se alongará ata o domingo 30.

Na primeira xornada a celebración dará coomezo ás 23.00 horas coa actuación do grupo Arizona e a Banda da Balbina.

O sábado, día grande haberá misa solemne con procesión pola mañá seguida de sesión vermú coa orquestra Costa Dorada.

Pola noite, a partir das 22.30 horas será tempo de verbena coa mesma orquestra do vermú e sumando tamén a intervención de Anaconda, de Cantabria.

O domingo a sesión vermú arrincará ás 14.00 hporas con Alma Latina que fará un descanso para, a partir das 18.00 horas amenizar unha sardiñada popular e o baile co que se dará fin ás festas.

As festas están organizadas polo Concello de Muras.