Skip to main content
ActualidadeXermade

Paco Nogueiras estará o 26 en Xermade co seu traballo musical Radio Bulebule

Por 24 Xuño, 2019Sin comentarios

Paco Nogueiras estará o mércores 26 de xuño ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública de Xermade, co seu traballo musical Radio Bulebule.

O medio radiofónico é o inspirador deste espectáculo recollido tamén nun libro-CD composto de doce cancións en que a modo de programación dunha peculiar emisora non faltan a sintonía de entrada, a axenda cultural, o faladoiro, o magazine de variedades, a música, as noticias, o deporte, a previsión metereolóxica…

Paco Nogueiras convidará ás persoas que se acheguen a participar e a vivir en directo dunha radio itinerante, ambulante e cantante, chea de colorido e expresividade, e con composicións e melodías de ritmos modernos, pegadizos e bailábeis.

O espectáculo está recomendado para nenas e nenos entre os 5 e os 11 anos e as súas familias. A entrada será gratuíta.