Skip to main content
ActualidadeVilalba

Presentación do libro Hai que roelo de Antonio Cendán

Por 24 Xuño, 2019Sin comentarios

O vindeiro venres, 28 de xuño de 2019, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro Hai que roelo de Antonio Cendán. Intervirán, ademais do autor: Armando Requeixo, crítico literario, investigador do CSIC e profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e Alberto Galego, licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

“Pontevedra é unha festa. O conxunto granate derrotou ao Atlético cun gol, de Odriozola ao comezala segunda metade do partido. Nada pudieron facer os Luis Aragonñes, Collar, Salcedo, Rodri e o galego Ufarte co equipo que agora veñen de bautizar co nome de “Hai que roelo”, xa que o can non foi quen de roelo óso que tiña enfronte”

Na segunda metade dos anos sesenta, Galicia continúa a ser unha terra atávica, na que aínda predominan mitos e lendas ancestrais que pare- cen condenar eternamente aos Galegos. Nese ambiente, xorde o Pontevedra FC, un equipo que racha cos convencionalismos establecidos no mundo do fútbol. Aproveitando o seu tirón, algúns mozos Galegos da época reivindican un novo tempo para Galicia, pero atópanse co rexeitamen- to da sociedade daquel entón. Na súa primeira novela, Antonio Cendán sumérxenos nun tempo no que se albisca algunha morna esperanza de renovación, pero que de seguida se esvaece ao atopáronse os protagonistas cunha brutal represión, paralela ao afundimento do Pontevedra FC na segunda división.