Autoescolas e concellos únense na prevención de drogas

O Servizo de Prevención de drogas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade en estreita colaboración coa Asociación de Provincial de Autoescolas de Lugo, organizaron unha xornada de prevención de consumo de drogas e uso do móbil na condución dirixida a 23 rapaces e rapazas en vías de obtención do carné de condución ou no seu primeiro ano de permiso.

Todos eles recibiron unha formación teórica en sesión de mañá no Concello de Rábade e unha sesión práctica pola tarde no circuíto de Outeiro de Rei impartida polos profesionais Jesús Rozas da Autoescola Rábade, José Manuel Santos e Manuel Rodríguez da Autoescola Alborada con sede en Castro de Rei, Friol e Lugo e por Manuel Ángel Rodríguez da Autoescola Lucus de Lugo.

Alumnos e alumnas quedaron satisfeitos cunha xornada cargada de formación sensible e funcional que os converte de feito en axentes preventivos capaces de transmitir ao seu entorno o aprendido, pois quedaron evidenciadas as consecuencias da condución baixo os efectos das drogas así como do uso do móbil.

 

Etiquetas