Empeza en Rábade a campaña da Ruleta da Sorte do comercio local

A Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Rábade e a Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, pon en marcha na vila a campaña promocional Ruleta da Sorte.

Así, todos os clientes de Rábade que merquen entre o 25 de xuño e o 2 de xullo nos establecementos asociados da vila poderán xirar ata 3 veces a ruleta. Cada ticket de importe igual ou superior a 10 euros dá dereito a unha tirada.

A Ruleta instalarase o martes 2 de xullo, entre as 11.00 e as 14.30 horas, na Praza de España (Prazuela), e dá opción a gañar moitos agasallos para premiar a fidelidade dos clientes no comercio local.

A campaña Ruleta da Sorte, busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo. Con esta finalidade, durante varias semanas contempla distintas actuacións en varias localidades lucenses.

Etiquetas