Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O alcalde de Friol presenta a súa nova corporación

Por 26 Xuño, 2019Sin comentarios

No pleno celebrado o pasado 20 de xuño realizouse o nomeamento das función dos concelleiros que traballarán no Concello de Friol durante a presente lexislatura.

O equipo de Goberno está formado por concelleiros que xa traballaron polo pobo nos últimos catro anos como son Mauro Mourín, que repite como delegado de Sanidade e Medio Ambiente; Julio Cortiña López que repite como delegado de Obras, Feiras e Mercados; Pilar López López que exercerá como delegada de Educación, Infancia e Igualdade e Juan Carlos Casal Pena que pasa a ser delegado de Urbanismo, Vivenda e Patrimonio.

Como novas incorporacións, comezan a traballar dentro do novo equipo de Goberno de Friol, os concelleiros María de los Ángeles Buján Burgo que exercerá como delegada da Alcaldía, de Cultura e Turismo; Nuria Vázquez Argerey, que será a nova delegada de Economía e Facenda; Enrique Barreiro Sánchez, que exercerá como delegado de Servizos Rurais, Traballo e Novas Tecnoloxías; Juan Varela López será o delegado de Medio Rural e Deportes e Nerea Campo Fariñas encargarase de Xuventude, Festas e Atención Cidadá.

Por tanto, o rexedor mantén o organigrama que tiña na anterior lexislatura, aumentando novas delegacións, como son as de Patrimonio, Servizos Rurais e Novas Tecnoloxías, tamén rescata a delegación da Alcaldía que a ostentará Ángeles Buján que xunto con Cultura e Turismo se converte nun pilar forte e importante do novo Goberno de Santos.

O alcalde, José A. Santos, nomeou como tenentes de alcalde aos concelleiros Mauro Faustino Mourín González, Enrique Barreiro Sánchez e Julio Cortiña López, os cales formarán parte da Xunta de Goberno.

Santos asegurou que “este equipo de Goberno traballará todos os días para que Friol mellore e avance, para que os veciños e veciñas poidan desfrutar dunha mellor calidade de vida en este pobo e para que a xente que non coñece o noso municipio teña ganas de visitalo e desfrutalo”.