Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba, tema central dunha obra teatral

Por 26 Xuño, 2019Sin comentarios

O Auditorio de Vilalba acollerá este xoves 27 de xuño a representación da obra Vilalba Fashion Wiii, unha comedia protagonizada polo grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro de Vilalba. A cita será  ás 21:30h.

No epicentro da Chaira existe un concello chamado Vilalba. A deseñadora local Carme Fouzas recibe o Premio Nacional de Deseño de Moda, ocasión que aproveitará a alcaldesa para organizar un desfile de renome internacional, para deste xeito, afastar a opinión pública local doutros temas de interese.

A obra está a cargo dun grupo de actores do grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro dirixidos por Guillermo Cancelo. Trátase dun espectáculo apto para todos os públicos.