A obra de teatro ‘Abrir os ollos’, mostra na Pastoriza outra perspectiva do feminismo

Mañá, 28 de xuño ás 21:00 horas no salón de actos do Concello da Pastoriza, a través do teatro mostrarase outra perspectiva do feminismo, xénero e igualdade.

Estes conceptos non están reñidos coa diversión, así o mostrarán cunha representación teatral a cargo da compañia teatral Andamiaxe e a súa obra Abrir os ollos.

Ademais agasallaran aos interesados na obra cunha bonitas bolsas da compra reutilizables.

Etiquetas