A primeira Gala Edro Dance de Vilalba será o día 30

O Concello de Vilalba colabora por primeira vez na organización da I Gala Edro Dance, que se celebrará o 30 de xuño ás 18:00 horas no auditorio Carmen Estévez.

Será unha gala chea de ritmo, sorpresas e emocións, onde poderase ver entre outras actuacións, as distintas exhibicións de bailes dos alumnos da escola Edro Dance. A entrada é de balde.

A escola Edro Dance é a primeira escola de danza da comarca na que se ofertan clases desde latino ao baile folclórico pasando por zumba.

Etiquetas