Skip to main content
ActualidadeBegonte

Begonte celebra esta fin de semana as súas patronais

Por 28 Xuño, 2019Sin comentarios

Begonte celebra a última fin de semana de xuño as súas festas patronais na honra de San Pedro, que se desenvolverán dende o vernes, 28, á noite, cando darán comezo as celebracións cunha churrascada popular amenizada polo grupo Cinema xunto aos dj Único e Ello, ambos os dous veciños do Concello. Como en anos anteriores, a churrascada será gratuíta para os veciños, que deberán pagar só a bebida.

O sábado 29 haberá misa solemne ás 13.15 horas con sesión vermú coa orquestra Atrévete, un show completo, con djs incluídos, que ten unha duración de cinco horas. Esta mesma orquestra será a encargada da verbena da noite.

O domingo a misa solemne terá lugar á mesma hora, seguida da sesión vermú a cargo do trío Innovación, actuación patrocinada por Finsa.

Tamén pola mañá actuará a banda de gaitas formada polos músicos dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, que formará parte da programación ata que a sesión vermú clausure a celebración.

A organización ten reservadas varias sorpresas como a celebración de varios sorteos nos que estarán traballando durante todo o mes coa participación en programas da televisión.

As festas están subvencionadas polos veciños e as empresas do polígono industrial.