Skip to main content
ActualidadeVilalba

O espazo Creactivity estará a vindeira semana en Vilalba

Por 28 Xuño, 2019Sin comentarios

Os vindeiros días 4, 5, 8 e 9 de xullo o espazo itinerante Creactivity, deseñado pola Obra Social La Caixa, visitará Vilalba.

A Obra Social La Caixa, a través do seu programa EduCaixa, ofrece á comunidade educativa recursos, actividades e programas educativos dirixidos ao alumnado e profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio, coa finalidade de promover o desenvolvemento competencial dos máis novos.

Creactivity, está dirixida a grupos escolares de 1º a 6º de primaria e 1º e 2º ciclo de educación secundaria. Un facilitador acompaña os alumnos a través dun proceso de creación, en sesións gratuítas de 90 minutos por clase e con arredor de 25 alumnos.

A través dun contexto innovador de aprendizaxe inspirado no movemento Tinkering do Exploratorium de San Francisco, Creactivity propón atopar solucións orixinais para problemas sinxelos, e anima a ser creativos e aprender dos erros, potenciando a innovación a través da experimentación e o pensamento crítico e creativo.

O espazo permite investigar, formular retos concretos, pensar solucións, inspirarse, compartir, colaborar, improvisar, traballar en equipo e moito máis.

Os alumnos traballarán competencias transversais no ámbito matemático, científico e tecnolóxico. O espazo estará situado na praza da Constitución.