Xermade organiza mañá un taller de defensa persoal feminina

O vindeiro domingo 29 de xuño  celebrarase no pavillón de Xermade un  taller de defensa persoal feminina en horario de 17:00 h a 19:00 h e dirixido exclusivamente ao colectivo femino.

Todas as interesadas en asistir poden anotarse de xeito presencial no Concello ou por teléfono no 982 501 001 ou 678 744 148.

Os obxectivos do taller son aumentar a autoestima e seguridade da muller, eliminar o medo, elevar a confianza en si mesma, interiorizar hábitos realistas de prevención, aprender a utilizar técnicas de defensa persoal, sinxelas, contundentes e accesibles para defenderse dunha agresión, asesorar e orientar á muller, poñer en práctica situacións reales de perigo, preparar física e psicoloxicamente á muller ante unha agresión e preparar técnicas de mantemento de calma.

Etiquetas