Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba apoia o “dereito a ser” coa colocación da bandeira LGTBI no Concello

Por 29 Xuño, 2019Sin comentarios

A bandeira LGBTI ondea sobre o balcón do Concello de Vilalba no Día Internacional do  Orgullo. A iniciativa promovida por primeira vez nesta localidade responde ao compromiso firme “que se debe apoiar desde as institucións” para visibilizar ao colectivo, neste caso colocando unha bandeira coa intención a futuro de desenvolver outras accións nesta dirección.

Desde o Concello queren transmitir o apoio ao “dereito a ser e sentir de todas as persoas, a que vivan a súa sexualidade e identidade con total liberdade e respecto”, facendo fincapé na “importancia e responsabilidade que se asume para estar á altura da excelente convivencia á que apuntan as xeracións máis novas, así como a garantir e promover que Vilalba figure como un espazo para que cadaquén viva o seu día a día con total liberdade”.

Con este “primeiro chanzo, simbólico e cargado de intencionalidade, manteremos a bandeira durante toda a fin de semana para dar visibilidade entre a veciñanza de  Vilalba”.