100 bandas internacionais e máis de 100.000 persoas daranse cita no Resurrection Fest

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, estimou que entre “noventa e cen mil persoas asistirán aos concertos do Resurrection Fest deste ano, que contará no seu cartel con grupos como Slayer ou Slipknot. Este 2019 adiántase, para o 3, 4, 5 e 6 de xullo, o pasado ano celebrouse a segunda semana de xullo.
María Loureiro puntualizou que “normalmente, nas edicións anteriores, o maior número de espectadores producíase o venres e o sábado, pero este ano a organización xa prevé que desde o mércores haxa máis xente”. “Co cartel deste ano hai grupos relevantes todos os días, e como auguramos máis xente empezamos con esa xunta de seguridade para prever calquera cousa, como refuerzos”, expuxo.
Pese a esas xuntas de seguridade, a alcaldesa de Viveiro destacou que “o público que acode adoita ser cívico, vén escoitar música e iso favorece que non haxa altercados”.

DESCANSO. O festival de música metal, hardcore e punk que se celebra en Viveiro do 3 ao 6 de xullo de 2019, contará cunha novidosa opción de descanso para relaxarse despois das duras xornadas do festival. Trátase de cápsulas do futuro, un aloxamento portátil de estilo xaponés que se atopa dispoñible na zona de Glamping, é dicir, a zona de acampada máis luxosa do recinto para os que prefiren maneiras de descansar diferentes das tendas de campaña.
As zonas de descanso divídense en catro opcións, todas elas preto do recinto onde se celebra o festival: Beachcamp, Resucamp, Zona de descanso y Glamping.

HORARIOS. A apertura de portas será o mércores 3 ás 17:00, sendo o grupo Back In Town o encargado de inaugurar o escenario principal ás 17:30.
O primeiro día só haberá actuacións no escenario principal, pero para os restantes entrarán en funcionamento os outros tres: Ritual, Chaos e Desert.
As actuacións do xoves, venres e sábado arrincarán ás 14:30 ata ao redor das 3 da madrugada.
Entre as actuacións do escenario principal o xoves atópanse as de Crystal Lake (17:50-18:40), Gojira (19:25-20:25), Slayer (21:45-23:15) e Parkway Drive (00:15. 01:45). Estas actuacións veranse intercaladas coas dos outros escenarios, onde tocarán Altarage, Toundra ou Leo Jiménez no escenario Ritual, e Kitai, Misconducto ou Terror no escenario Chaos, ademais dos concertos do Desert.
O venres será a quenda de While She Sleeps (17:35-18:30) Trivium (19:15-20:15) Arch Enemy (21:00-22:.00), e os esperados Slipknot que acturarán case na media noite.
Para rematar, o sábado actuarán Testament (19:00-20:00) no escenrio principal, xunto a Lamb of God (20:45-22:00), Within Temptation (23:00-00:30) e King Diamond (01:30-02:45), que alternarán actuacións co escenario Ritual onde actuará o grupo Berri Txarrak na súa xira de despedida ás (22:00-23:00).Houbo votacións para o Band Contest, na que 600 bandas estiveron inscritas.

VOTACIÓNS. Os finalistas son Arrhythmia, Astray Valley, Bladders, Counteractt, Dawn of Extinction, Incursed, Inyourface, Lude, Malkeda, Orion Child, Purge of Sanity, Raiba, Snakeyes, Stereozone, The Broken Horizon, Thybreath e Where The Oceans Fall.

Etiquetas