Skip to main content
ActualidadeVilalba

Comeza a conta atrás para o Mundial de Danza coa representación vilalbesa

Por 30 Xuño, 2019Sin comentarios

Comeza a conta atrás e todo está preparado para o Mundial de Danza.
Dentro dunha semana, a representación vilalbesa de Danza coa Escola de Movemento estara viaxando cara ao Mundial en busca de novas emocións, máis experienzas para lembrar, novas amizades que facer,…
O 30 de xuño tócalles a Osito Gominola ás 12:45 entre os países máis destacados neste pase temos Inglaterra, Rusia ou República Checa e Aí ven o Maio ás 16:00 onde os países con máis posibilidades poderían ser Portugal, Inglaterra, Macao ou Hong Kong.
O 1 de xullo bailarán as Carolinas ás 18:00 h. Esta será o pase máis vistoso polo gran número e variados países cos que compartiran escenario, entre eles Inglaterra, Irlanda, Rusia, Ucrania, Mongolia, Macao, Sudáfrica, EEUU, Hong Kong e así ata case 50 coreografias.
O 6 de xullo rematan o Mundial con Redeiras ás 13:15 h. Este tamén será un pase moi numeroso é bastante parecido ao que se vivirá con A Carolina.