A Samurai Xtreme Race das Pontes será o 7 de xullo

A Samurai Xtreme Race das Pontes será o 7 de xullo e nace co obxectivo fundamental de fomentar e promover o deporte como estilo de vida e transmitir deste xeito.

A organización da Samurai Xtreme Race cre e aposta polos valores do deporte, como modo de vida, a través do cal conseguir un equilibrio físico, psicolóxico, social e emocional contribuíndo así, a alcanzar un benestar xeral e estado de felicidade.

Esta proba, desafía os participantes para conquistar  obstáculos extremos e terreo duro, será unha carreira duns 7 a 9 km de distancia coa saída e a meta na praia do Lago das Pontes,

Os obstáculos se repartirán por todo o percorrido cunha separación máxima entre eles de 500 metros, a carreira partirá da zona sur da praia do Lago, pasasé pola zona cedida por Endesa ao Concello e na zona propiedade de Endesa. Todo o percorrido será nunha contorna natural con vistas espectaculares ao Lago das Pontes

As inscricións realizásese a través do aplicativo da empresa Champion Chip Norte, e cada participante recibirá unha camiseta Finisher orixinal, unha medalla, o avituallamiento en carreira, o avituallamiento post‐carreira e agasallos ofrecidos polos patrocinadores. Haberá trofeo especial para as tres primeiros clasificados, así como os tres primeiros equipos que consigan sumar o menor tempo posible

Na Samurai Xtreme Race tamen hai sitio para a diversión, os nenos de 4 a 13 anos poderán gozar ao mesmo tempo que melloran a súa actividade física para iso creamos a Samurai Junior Race, que se realizasé na zonas verdes á beira da praia do lago.

Coa Samurai Junior Race queremos conseguir que os nenos se levanten do sofá, saian á natureza, e sexan capaces por se sós de superar os obstáculos que lles preparamos, para unha vez superados, sentan orgullosos dos seus propios logros como verdadeiros valentes.

Cada neno recibirá unha camiseta, unha medalla de Finisher, e agasallos ofrecidos polos patrocinadores.

Dispoñerase dunha carpa para certas actividades, duchas en varios puntos e garda roupa.

Etiquetas