Gueimonde, na Pastoriza, comeza as patronais cunha cea este sábado

A parroquia de Gueimonde, na Pastoriza, celebra o día 13 de xullo a súas festas patronais na honra da Virxe do Carme, unha festas que terán un prólogo este sábado 6 de xullo co tradicional xantar popular, que terá lugar a partir das 22.00 horas. A parte musical desta cea en familia estará a cargo do dúo Karmín e os pequenos poderá gozar con colchonetas gratis.

O 13, día grande, a misa terá lugar ás 13.00 horas seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Tapyoka na súa xira 2019 co título Escucha la llamada.

Etiquetas