Skip to main content
Actualidade

O BNG de Outeiro reclamará este sábado máis pasos de peóns na N-VI

Por 4 Xullo, 2019Sin comentarios

Este sábado, día 6 de xullo, ás 11:00 horas, os concelleiros nacionalistas convocaron un ano máis ás veciñas e veciños de Outeiro a participar noutro acto reivindicativo para conseguir pasos de peóns na Nacional VI “como medidas de seguridade para que as persoas poidan cruzar a estrada de forma segura, sen xogarse a vida”.

O BNG aproveita un día no que se espera moitos visitantes á vila ao conincidir as festas patronais e a feira de artesanía. A cita cos veciños é diante do Soborvila

O BNG lembra que este ano puxeron por primeira vez un paso de peóns fronte á farmacia, na estrada de Castro. “Agora que está o primeiro paso dado, toca intensificar a reivindicación para conseguir que se fagan o resto de medidas de seguridade na N-VI, que son aínda moito máis necesarias”.