Seis xogadores confirman a renovación no Vilalba FS

O Valdesuso Peugeot Vilalba de Fútbol Sala, que militan na Terceira División Nacional e que un ano máis manterá a categoría, confirmou a renovación para a próxima tempada de tres dos xogadores que representan os pilares fundamentais do equipo.

O canteirán Iago Amarelo, que é o máis novo dos tres, cumprirá baixo os paos a súa cuarta tempada como xogador senior. Asier González, “pichichi” do equipo na tempada pasada, tentará contribuír de novo cos seus goles na súa terceira tempada no clube, e o veterano Iván Gago, na súa segunda tempada, aportará a súa experiencia a un grupo de xogadores novos.

Tamén renovou a Pablito Villar, Aitor Eijo e Paulo Sousa. Os dous primeiros cumprirán a súa segunda tempada no equipo, aínda que Pablito Villar veu no pasado mercado invernal, e tentarán de dispoñer de máis minutos que na tempada pasada. O mesmo sucede con Paulo Sousa, xogador veterano que cumpre a duodécima tempada no clube. 

Etiquetas