A Garda Civil fai unha demostración a participantes do Campus do Vilalbés

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, asistiron a unha exposición de medios e demostración realizada pola Garda Civil, xunto con Bombeiros e Cruz Vermella, aos alumnos participantes no Campus organizado polo Rácing Club Vilalbés, que se desenvolve esta semana. Nesta actividade participaron 32 alumnos de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos que tiveron ocasión de familiarizarse cos distintos servizos que presta a Garda Civil. 

Isabel Rodríguez expresou a súa satisfacción porque “o primeiro acto que comparto coa nova alcaldesa de Vilalba consista nunha actividade na que se demostra o compromiso da Garda Civil cos nenos e nenas deste concello”.

A subdelegada destacou a importancia de que “a sociedade, e moi especialmente a mocidade, estea informada dos servizos que prestan os corpos de forzas de seguridade do Estado para o que son moi útiles actividades como a organizada polo Rácing Club Vilalbés dentro do seu Campus de verán”. Neste sentido, fixo fincapé na gran implicación da Garda Civil neste labor de achegamento á sociedade que se materializa nas numerosas actividades incluídas enmarcadas tanto no Plan Director para escolares como no Plan maior nas que se divulga información de interese para a prevención de situacións de risco como o acoso, a violencia de xénero ou as estafas. 

Pola súa parte, a alcaldesa de Vilalba agradeceu o compromiso da Garda Civil no fomento da convivencia, e tamén salientou o traballo do Rácing Club Vilalbés a prol da difusión do deporte e dos hábitos de vida e de tempo libre saudables.

Na exhibición realizada esta mañá no Campo de fútbol Roca de Vilalba tomaron parte persoal e vehículos de Seguridade Cidadá, de Tráfico e do Seprona e tamén colaboraron efectivos da Cruz Vermella e de Bombeiros.  

Etiquetas