O aeródromodo de Rozas organiza o XIV Criterium Aeronáutico Galicia 2019

Un ano máis, o aeródromodo de Rozas organiza o XIV Criterium Aeronáutico Galicia 2019, que realiza o Real Aeroclub de Lugo nas súas instalacións de Castro de Rei do 25 ao 28 de xullo.

A XIV edición do Criterium Aeronáutico conta cunha ampla programación de actividades dirixidas a todas as idades. Haberá voos acrobáticos, saltos en paracaídas, carreiras de drones, voos en globo aerostático, exhibicións e demostracións de pilotos profesionais, e voos paramotoe.

Entre as novidades de este ano atópanse a patrulla de Águila, que é un grupo de voo acrobático do Exército do Aire Español.

Ademais, durante os cinco días que dura o evento, haberá exposicións de aeronaves históricas e de entidades estatais, sorteos de voos gratuítos en distintas naves, así como actividades e xogos de balde para os máis pequenos.

Os interesados en inscribirse nalgunhas das actividades, como o salto en paracaídas, ou vos acrobáticos deberán reservar a praza en criteriumaeronautico@aerolugo.es no 982 31 01 14 ou nas oficinas da sede.

Espéranse como noutros anos que participen máis de 150 aeronaves e preto de 5.000 persoas, entre pilotos e afeccionados, xa que é o Criterium Aeronáutico é un referente do panorama nacional.

O presidente do Real Aeroclub de Lugo, explicou que esta cita persuegue “achegar o mundo da aviación ao público en xeral, permitíndolles participar nas diversas actividades que organiza, e ten dous enfoques o deportivo e o divulgativo”. E remarcou que “é unha cita na que os asistentes terán contacto directo cos equipos de aviación”.

Etiquetas