Seguen os traballos de aglomerado nas vías de Muras

A Deputación de Lugo comezou a renovación do pavimento da estrada LU-P 6502, que une as localidades de O Viveiró e Silán e dende O Viveiró ata o cruce dos Campos.

As obras que deron comezo implican estes días cortes temporais do tráfico rodado.

Non son estas as primeiras obras que se fan na renovación do pavimento no Concello de Muras esta tempada, xa que unha vez rematadas as eleccións deron comezo tamén as prometidas obras nos accesos á vila e nas zonas de travesía, a cargo tamén da Deputación Provincial. Estas obras, que tiveron lugar nos primeiros días de xuño, foron paralelas ás que se realizaron de limpeza e desbroce das dúas zonas anteriormente citadas antes de proceder ao aglomerado.

Anteriomente tamén se realizaron as obras na zona urbana do Burgo.

Etiquetas