O PAI de Muras abre o prazo de inscrición para o próximo curso

O Punto de Atención á Infancia de Muras abriu o prazo de inscrición para reservar praza neste servizo.

Este centro de atención á infancia oferta un total de 20 prazas e poden acudir menores de entre tres meses e tres anos, de luns a venres, de 8.00 a 16.00 horas. O horario máximo de entrada será ás 10.00 horas e as saídas serán de 12.30 a 13.00 horas e a partir das 14.00 horas para os que fagan uso do servizo de comedor.

Os formularios están a disposición nas Oficinas Xerais do Concello, pero para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto cos nosos Servizos Sociais no 982 500 001.

Etiquetas