Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Roberto Trashorras será o pregoeiro das festas de Rábade

Por 9 Xullo, 2019Sin comentarios

O ex-futbolista, Roberto Trashorras, será o pregoeiro das festas de Rábade, o vindeiro 14 de agosto. Roberto Trashorras naceu en Rábade, e tivo unha ampla e destacada carreira profesional, que o mantivo casi 20 años na elite do fútbol nacional.

Na súa traxectoria Roberto militou en clubs do máis alto nivel, como o FC Barcelona, co que chegou a xogar en Liga de Campións; Celta, As Palmas, Numancia e Raio Vallecano, equipo no que colgou as súas botas o pasado ano.

Hoxe Roberto continúa vinculado ao fútbol como comentarista deportivo para diferentes cadeas nacionais.

En recoñecemento á sua traxectoria, o recinto deportivo que acolle as piscinas municipais levará o nome de Roberto Trashorras.