A ITV agrícola visita o concello de Muras

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará os días 11 e 12 de xullo no Concello da Muras, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00.

A unidade estará situada o xoves na praza de Viveiró e o venres na Veiga.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.

Etiquetas