Muras contará cun campamento de verán dende o 15 de xullo

O Concello de Muras organizou este ano un campamento de verán que se dividirá en dous grupos, a Mini-ludoteca de verán, para nenos de de 2 a 4 anos e a Escoliña de verán,  para nenos de 5 a 16 anos.

A data de celebración do  campamento vai do 15 de xullo ao 30 de agosto, pero divídese en 3 quendas; a primeira do 15 ao 31 de xullo, a segunda do 1 ao 14 de agosto e a terceira será do 19 ao 30 de agosto. Poderanse apuntar os cativos a unha, dúas ou tres quendas.

O prazo de inscrición remata este xoves, 11 de xullo, por orde de entrada en rexistro, con preferencia para empadroados. Para calquer dúbida ou aclaración poden consultar cos Servizos sociais do Concello no teléfono 982 50 00 01.

Etiquetas