Úbeda, na Pastoriza, está de festa esta fin de semana

A parroquia de Úbeda, na Pastoriza, celebra a fin de semana do 12 ao 14 de xullo as súas festas na honra á virxe do Carme.

As celebracións darán comezo o venres pola noite cun xantar popular para todos os participantes na verbena, que estará amenizada polo grupo Superstar.

O sábado as celebracións comezarán co apartado relixioso con misa solemne ás 14.00 horas seguida de precesión e sesión vermú co orquestra Los Espaoles. Pola noite, esta mesma orquestra será a encargada da verbena, na que tamén estará o grupo Mar de Arousa-

O domingo rematará a festa coa sesión vermú a cargo do dúo Epo-K, que tocará trala misa solemne, que será ás 14.15 horas seguida de procesión.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas