Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol prepárase para vivir as súas festas patronais

Por 11 Xullo, 2019Sin comentarios

Tralo éxito da Feira do Queixo de Friol e o Pan de Ousá e o Friulio, celebrados nos meses de marzo e maio, Friol prepárase para desfrutar das súas festas patronais, na honra de Santa Isabel, que terán lugar do sábado 13 ao luns 15, este último coincidirá como festivo local.

Como manda a tradición, haberá misa os tres días, ás 13.00 horas. Tras a celebración relixiosa haberá tamén tempo de música con sesión vermú, o sábado coa orquestra Israel, op domingo con La Favorita e o luns co grupo D’Moda.

Pola noite haberá verbena coas orquestras Gran Parada e New York, para pechar a festas coa actuación do Combo Dominicano.

As festas e Friol reunirán novamente aos veciños, que colaboran todos os anos cunha couta. Ademais, o concello fixo unha especial colaboración neste evento ademais das colaboracións de diferentes negocios. Ademais, a organización realizou diferentes eventos para costear a celebración como unha cea-baile, unha actividade que se celebrou tamén o ano pasado e que tivo moito éxito.

A programación festiva, que se garda algunhas sorpresas, complétase con atraccións para os máis cativos.