Riotorto contará cun campamento de verán

O Concello de Riotorto contará este ano cunha nova edición dos campamentos de verán, que están dirixidos a nenos de 3 a 14 anos.

O campamento terá lugar os días 5, 6, 7, 8 , 9 e 10 de agosto entre as 10.00 e as 14.00 horas con 30 prazas.

Os interesados en apuntanse poden facelo antes do xoves 1 de agosto na Casa do Concello ou no teléfono 982 346 222.

A organización establece un prezo de 30 euros para os empadroados no Concello e de 50 para os non empadroados.

Para os participantes haberá excursións, visita ao Aquapark de Cerceda, busca do tesouro e xogos ademais de xincanas, obradoiros, sendeirismo, multideporte e moitas sorpresas.

Etiquetas