Skip to main content
A PastorizaActualidade

Reigosa celebra as súas patronais no Santiago

Por 13 Xullo, 2019Sin comentarios

A parroquia pastoricense da Reigosa celebra os días 25 e 26 deste mes as festas patronais na honra de Santiago Apóstolo.

As celebracións iniciaranse o día grande coa misa solmens e procesión ás 13.30. A continuación, Versión Original será a encargada de poñer o toque musical na sesión vermú e tamén na verbena, na que tamén estará Essencia. A primeira formación moi nominada mellor orquestra do Principado de Astorias.

O venres 26 continuarán as celebracións cos oficios relixiosos á mesma hora, seguidos da sesión vermú a cargo de costa Dorada, que tamén estará na verbena.