Meira acollerá unha baixada de carrilanas o día 21

A vila de Meira acollerá o 21 de xullo unha carreira de carrilanas para dar continuidade ao circuíto no que participan Abadín, o domingo, anterior, 14 e xusto un día despois da de A Pontenova.

Trátase da primeira proba destas características que se realiza na vila de Meira e a cuarta puntuable para a Copa Norte do Campionato Galego e as inscricións poden tramitarse xa en www.fedei.com.

Establécense varias categorías e haberá premios en función da simpaltía, o rodamento, a velocidade, a capacidade, etc. Abrindo un sinfín de posiblidades.

A proba está organizada pola Asociación de Carrilanas Os Meiregos e os interesados en obter información poden facelo no teléfono 617 744 910 (Jordi).

Etiquetas