O BNG de Castro, en contra do establecemento de dúas dedicacións exclusivas e unha parcial

A voceira do BNG no concello de Castro de Rei, Digna Lagarón, denunciou as “prácticas recadatorias” dos membros do goberno municipal á hora de impoñer nos plenos os seus propios salarios. Segundo explicou, no Pleno de Organización do Concello, o actual alcalde subiu o seu propio salario en máis de 3.000 euros anuais, ademais de outras dúas dedicacións parciais para un concelleiro e para o persoal eventual, e outra dedicación exclusiva para o tenente de Alcalde.

A voceira do BNG afirmou non estar conforme con este gasto. “O alcalde solicitou que o Pleno declarase compatíbel a súa dedicación exclusiva ao concello con poder dedicarse ao seu negocio privado”.

O BNG de Castro votou en contra da proposta da Alcaldía. “Dúas dedicacións exclusivas e unha parcial xa eran excesivas para o goberno dun concello de 5.000 habitantes”, indicou Lagarón, e engadiu “xa no anterior mandato, o aumento de dedicacións exclusivas e de salarios non repercutiu nunha mellora da xestión municipal”.

Etiquetas