Skip to main content
A PastorizaActualidade

A XIV edición do Festival da Chaira será este sábado

Por 19 Xullo, 2019Xullo 26th, 2019Sin comentarios

A XIV edición do Festival da Chaira organizado pola Asociación A Chaínza será este sábado, 20 de xullo en Baltar, A Pastoriza e, como todos os anos, as actividades realizaranse na contorna da área recreativa da praia fluvial da Riboira.

A festa comezará coa ruta A Espiga ás 11:00 horas, seguida da sesión vermú que estará amenizada co grupo tradicional da Pastoriza, que como bos anfitrións que son volverán ser os encargados de abrir esta xornada festiva, para despois continuar co grupo Caivaca, que chega desde Lugo.

Xa pola tarde e para o goce de todos, ás 17:00 horas será o X Aberto da Billarda e outros xogos tradicionais, xunto co obradoiro de baile tradicional, e o Duende Circo co seu espectáculo infantil, e xa ás 20:30 chegará a actuación do grupo tradicional Fontes de Merlán.

Pola noite, será a quenda dos concertos coa banda de rock meirega Voladura, Mascarpone, o Puto Coro do Exército Froilanista, o grupo The Lelli Kelly’s e o seu rock agresivo e bailable, e tamén repetirá amencer tropical co DJ Sapoconcho SemPoncho a través de Brigada Sound.

Desde a organización, David Saavedra comenta que aínda están a preparar algunha sorpresa máis, e que cada ano vanse sumando novas actividades.” Este ano queremos facer un obradoiro de baile, e ademais queremos engadir máis actividades para os cativos, xa que agora xa somos maiores e comezamos a ter fillos” engade David.