As festas en Santa Cristina terán lugar esta fin de semana

A parroquia de Santa Cristina, en Cospeito, celebrará os días 20 e 21 de xullo as súas festas patronais na honra de Santa Cristina e San Xulián.

As festas darán comezo o sábado, ás 13.30 horas, coa procesión e sesión matinal coa orquestra Alabama Show. Esta mesma orquestra será a encargada de animar a verbena xunto con Solara.

O domingo repetiranse os oficios relixiosos e a festa rematará coa sesión vermú a cargo de mar de Arosa.

Etiquetas