Empezan as obras na ponte de Bermuz e remata o asfaltado nas vías da Deputación

No concello de Muras deron comezo as obras de restauración da antiga Ponte Bermuz, trinta anos despois da súa construción. Esa foi a solución para que os veciños puideran cruzar o río Eume no lugar da Balsa, que une os municipios de Muras e Vilalba.

As obras foron licitadas o pasado mes de abril e xa deron comezo os traballos, que pretender recuperar esta obra civil de gran beleza e tradición.

A obra está financiada pola Deputación provincial tralo acordo ao que chegaron os mandatarios dos concellos de Muras e Vilalba antes do cambio de goberno e que foi moito motivo de disputa mentres a ponte seguía en declive.

Por outra banda, tamén deron por finalizadas as obras de aglomerado dos 7,5 quilómetros de estradas de titularidade da Deputación de Lugo, 5 kms entre Viveiró e Silán e 2,5 kms dende o Viveiró a Balsa, chegando os mesmos ao cruce dos Campos.

Estas obras teñen lugar despois de máis de 24 anos esquecidas estas estradas.

Segundo indicou o concelleiro socialista Mario Rouco, “queda rematar cuentas, accesos e recrecidos pero actuouse en 12,5 kms de estradas da Deputación, esperemos seguir igual para cumplir o prometido no noso programa. O arranque ahí está”.

Etiquetas