Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Rácing Club Vilalbés convoca as súas eleccións á presidencia

Por 19 Xullo, 2019Sin comentarios

O Rácing Club Vilalbés celebrou unha reunión xeral, na que fixeron balance nos temas deportivos e económicos da última tempada, aprobou os orzamentos para a de 2019-2020, tamén convocou as eleccións á presidencia xa que conclue o mandato da actual directiva.

O prazo para presentar candidaturas para dirixir o club, estará aberto ata o próximo 26 de xullo, para así o 29, poder celebrar as eleccións.

No caso de que non haxa ningunha candidatura, o club convocará unha nova reunión, esta vez extraordinaria, o 3 de agosto, que se celebrará no salón de actos do Centro Cultural e Recreativo (CCR) ás 20.30 horas en primeira convocatoria e ás 21.00 horas, en segunda.