Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Apróbase o proxecto da parcelaria de Santo Estevo de Pol

Por 22 Xullo, 2019Sin comentarios

Consellería do Medio Rural vén de aprobar o acordo da reestruturación parcelaria da zona de Santo Estevo, no concello lugués de Pol. Este paso supón a determinación dos predios de re-emprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Neste caso, falamos da reorganización de 511 parcelas que pasan a ser 152 predios pertencentes a 84 propietarios.

A aprobación do acordo foi asinado xa polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e permite dar un paso máis na finalización deste proceso que afecta unha superficie de 341 hectáreas. Nesta reorganización territorial lévanse investidos máis de 500.000 euros, que se destinaron na súa meirande parte á execución da rede principal de camiños e, en menor medida, a investimentos en diferentes servizos técnicos relacionados, entre outras cuestións, co seguimento ambiental do proceso.

O remate das reestruturacións parcelarias abertas é unha das principais liñas de traballo da Consellería do Medio Rural. Para esta finalidade, o departamento que dirixe José González destina anualmente dende o ano 2016 un orzamento de 20 millóns de euros para estes procesos.