Skip to main content
ActualidadeXermade

Proxectan construír pisos tutelados en Roupar

Por 22 Xullo, 2019Sin comentarios

O proxecto de construción de pisos tutelados para maiores na parroquia de Roupar avanzou un paso máis gracias a colaboración entre a Diputación, o Concello de Xermade e a Universidade da Coruña.

Deseñarase unha residencia sostible que será un edificio novidoso, o cal está baixo a elaboración técnica a arquitecta Luz Paz Agras xunto a Marta Marcos.

Nesta elaboración técnica valórase que sexa un centro aberto a veciñanza, para que cada quén viva na súa casa pero poidan asistir as actividades que alí se fagan. Tamén se espera que sirva para fixar a poboación, e que os veciños non se teñan que marchar porque non poden ser atendidos nos seus fogares.

O centro ofrecerá dez vivendas con habitación, baño, sala de estar, cociña e comedor, ademais doutros espazos comúns. Estas vivendas estarán tuteladas e plantexadas para dúas persoas como máximo. As zonas comúns terán capacidade para 30 usuarios. Intentarán que o consumo enerxético sexa ou menor posible gracias a ubicación, ademais de  crear zonas verdes e unha horta. Estarán emprazadas nun espazo de 9.000 metros cadrados, do que se fara cargo o Concello.