A parroquia de Miraz celebra as súas festas esta fin de semana

A parroquia de Miraz no concello de Friol, celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstolo e a Virxen do Carmen.

O programa das festas comezará o sábado 27, con misa solemne, ás 13:30 horas, seguida da sesión vermú coa orquestra La Dimensión. Pola noite, este mesmo grupo será o encargado de amenizar a verbena, na que estará acompañada polo Dúo Chic.

O domingo 28, repetirase o programa relixioso pero será a orquestra Alabama Show a encargada de amenizar a sesión vermú e a verbena.

Etiquetas