O alcalde de Muras asegúralle ao PP que a piscina abrirá nos próximos días

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, afirmou que a piscina da localidade abrirá nos próximos días, unha vez que se cumplan os requisitos sanitarios. Así o anunciou o mandatario de Muras tralas criticas do PP nas que afirmaba que “o Concello aínda non abriu a piscina municipal, malia ter o socorrista contratado”. Deste xeito, a popular critica a xestión que se está a facer dende o equipo de goberno, “pois estamos xa co verán avanzado e esta instalación está nun estado lamentable”.

“A piscina está sucia. Non a baleiraron e non dan desfeito esta suciedade nin con produtos químicos. Por iso non está aberta. Que non lle boten a culpa a ninguén. Se non fan o que teñen que facer, é responsabilidade deles”, remarca.

Requeijo atribúe esta situación “ao que xa nos ten acostumados o alcalde, que é a todo menos a traballar con eficacia”. E é que, remarca, o mantemento e a xestión destas instalacións depende única e exclusivamente da entidade local.

Así llo traslada a voceira do PP ao rexedor nun escrito que vén de rexistrar no Concello, co fin de que subsane a situación, pois “ten ao socorrista mirando para o aire por non actuar como se debe”.

O alcalde pola súa banda, afirma que “nós non imos abrir ata que todo esté correcto e non haxa ningún risco para a saúde, porque non pode ser doutro xeito”. Así mesmo afirmou que o proceso está a piques de terminar e a súa apertura é inminente.

Etiquetas